martes, 13 de abril de 2010

Recuperar a dignidade mirando ó futuro

Dous estudantes que están a punto de licenciarse falan da situación actual do xornalismo e como ven os próximos anos dunha profesión que se atopa en constante evolución, xa que é a única forma de supervivencia.

Dúas visións diferentes pero un só futuro, o xornalismo dixital. Déborah Castro e Duarte Romero dan a súa visión particular sobre o camiño que debe seguir o xornalismo no suplemento Universidade de Galicia Hoxe. Aínda así, os dous expresan unha visión diferente da situación actual dos informadores. Déborah explica a pobre situación da profesión, á que chega a calificar de "enferma de gravidade", destacando a precariedade laboral e o intrusismo como os seus maiores problemas. Duarte, pola súa parte, céntrase no momento de cambio que está vivindo o xornalismo e os xornalistas coa consolidación dos medios dixitais. O mozo de Narón aposta pola creación dunha nova linguaxe para facer xornalismo e non limitarse a unha simple "envorcadura na rede dos contidos en papel". E parece que non perde un tempo, xa que dende hai uns anos escribe un blog onde plasma os seus pensamentos e máis recentemente colabora co Cartafol da USC.
O que si nos queda claro é que o xornalismo necesita un cambio, tanto a profesión, actualmente moi desprestixiada, como na súa linguaxe. Déborah aporta unha solución, en principio, “sinxela”. Di que son os propios xornalistas os que teñen que recuperar a “dignidade da profesión” que para ela, e tomando unha frase do gran García Márquez, “é o mellor oficio do mundo”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario