jueves, 22 de abril de 2010

O xornalismo busca a supervivencia

Nos últimos anos vense dando un debate sobre cal será o futuro do xornalismo. Como acabará a prensa? Que será dos xornalistas?... Preguntas ás que, sen tempo para atopar unha resposta, xa lles temos que facer fronte ante a evolución do mundo da comunicación.

Parece ser que o futuro xa chegou. Iso é o que expón Andrea Carcacía no seu artigo publicado para o suplemento Universidade de Galicia Hoxe. Afirma que Internet foi "o punto determinante" para os medios de comunicación, algo que podemos comprobar cada día, vendo como todos os xornais loitan pola hexemonía da rede.
No mesmo xornal tamén podemos ver a opinión de Karina Rivero, que se centra en rebatir a idea que se está a instaurar no mundo do xornalismo de que a prensa está practicamente morta. Resalta como elemento básico do triunfo da información na rede o feito de que os contidos sexan gratuitos, aínda que trata este mesmo factor para facer unha reflexión bastante acertada: "Acaso a prensa escrita vive das vendas dos xornais?". Para esta estudante o que está a pasar é un cambio, non unha desaparición, tanto da prensa, como dos xornalistas.
Andrea tamén reflexiona sobre o futuro dos artesáns da información, e móstranos algo de esperanza afirmando que "a figura do xornalista seguirá resultando imprescindible".
Atopámonos pois ante un futuro máis que inmediato no que tanto medios como xornalistas deben adaptarse ó cambio e evolucionar día a día como di Alberto Echaluce.

No hay comentarios:

Publicar un comentario